O vindeiro sábado día 22 de maio terá lugar o Trofeo Concello de Carballo 2021 no Polígono empresarial de Bértoa.
Categorías: Promesa, Principiante, Alevín, Infantil e Cadete (masculino e feminino).
Número de participantes: máximo 250 corredores entre todas as categorías. Só para corredores/as empadroados en algunha das provincias Galegas.
Percorrido: saída rúa do Titanio, Granito, Cinc, Madeira, Granito, Cobre, Seixo, Titanio, Wolframio, Bronce, Titanio. 2,3 km.
– Xincana en rúa Titanio (aparcamento xunto a saída/meta)
– Zona quecemento en rúa Cobre
– Zona equipos en estacionamento entre rúa Seixo e Granito
HORARIOS:
Promesas/Principiantes – Saída ás 16:00
Xincana
Alevíns – Saída ás 17:00
2 voltas circuíto (4,6 km)
Infantís – Saída ás 17:30
6 voltas circuíto (13,8 km)
Cadetes – Saída ás 18:15
15 voltas circuíto (34,5 km)
*Os horarios e número de voltas son provisionais, unha vez pechada a inscrición publicaranse os definitivos, que poden sufrir modificacións por mor do número final de inscritos/as por categoría e da composición de cada unha das mangas/categorías.
——————-
TROFEO CONCELLO DE CARBALLO 2021 – Regulamento Particular
PROTOCOLO FISICOVID TROFEO CONCELLO DE CARBALLO
——————-
PARA PARTICIPAR:
- É necesario facer a inscrición a través da Federación Galega de Ciclismo
- Cubrir o seguinte formulario de Rexistro de Equipos