Club Ciclista Carballo

O Club Ciclista Carballo naceu en Setembro de 1.988 como resposta ás inquedanzas dun grupo de personas, amantes e practicantes do ciclismo, que pretendían extender a súa afección ós demáis membros da comunidade carballesa, especialmente ós nenos e á xuventude, non só co obxectivo de propor a realización dunha vida san, senón como práctica preventiva ante os perigos que ameazan ós nosos adolescentes.

O seu obxectivo non é a competición e por elo ésta sempre se mantivo nun segundo plano dentro das súas prioridades, ainda que dadas as súas ventaxas e necesidade tamén se incluiron varias probas ciclistas nas súas actividades.

club_lema

Ano 1.989. Primeiros compoñentes do Club ás portas de “Desguaces Lema, SL”

Desde o principio, por iniciativa propia e a título individual, realizou actividades en todos os centros de ensinanza do concello organizando xogos e “jincanas”. Nestas actividades non só se practicaban xogos baseados na bicicleta, senón que se daban explicacións teórico-prácticas do funcionamento e reparación da bicicleta a nivel básico. Ademáis realizábanse exhibicións de trialsín, para o que sempre se contou con personas especializadas que, de forma desinteresada, colaboraban co Club. Logo estas actividades agrupáronse dentro do programa “Deporte na escola”.

fran

 Ano 1.991. Colexio Bergantiños. Exhibición do “París-Dakarista” Fran Gómez.

Tamén organizou pequenas probas, chamadas “de promoción”, fundamentalmente desenroladas nas rúas que bordean a Praza do Concello. De todas estas actividades saliron os primeiros compoñentes dos equipos do Club, formándose equipos de principiantes, alevíns, infantís, cadetes e xuvenís, que percorreron toda a xeografía galega, gañando ben pronto fama polos seus premios e combatividade.

 sanxoan

Ano 1.991. Paso por Carballo do “III Premio Club Ciclista Carballo”

Ao mesmo tempo que se formaban os primeiros equipos, o club comenzou a organizar probas ciclistas. Así naceu en primeiro lugar o “Premio Club Ciclista Carballo”, dirixido ás categorías máis novas e do que se celebraron trece edicións de forma ininterrumpida, tendo como principal característica a de ser unha das escasísimas probas ciclistas na categoría cadete que se celebraba en estrada.
Un ano despois púsose en marcha o “Gran Premio Conservas Calvo”, para a categoría de xuvenís, con doce edicións disputadas. Esta proba contaba cunha gran participación, tanto en cantidade como en calidade, xa que era a primeira proba nesta categoría da tempada e, debido ó seu carácter de nacional, por estar aberta a equipos no só galegos, senón de otros puntos de España e incluso de Portugal.

 campeona

 Ano 1.996. Campionato Gallego de Cadetes. Tres clasificados entre os oito primeiros.

O Club contou tambén cunha sección de cicloturismo que participou en numerosas marchas, tanto en Galicia coma no resto de España, e que organizaba a “Marcha Cicloturista a Bergantiños”, da que se celebraron dez edicións. A esta marcha acudían cicloturistas de toda Galicia xa que gozaba dun gran prestixio ao estar enfocada ao fin básico das marchas: un paseo en bicicleta entre amigos, sin deixar a nadie “tirado” e mantenendo un ritmo que unha persona medianamente entrenada puidera manter.

 Ano 1.991. “I Marcha Cicloturista a Bergantiños”

Tamén tivo o Club unha incipiente sección de BTT que durante o invierno organizaba saídas de forma periódica polas pistas e montes carballeses.

Outra actividade desenrolada ao longo da súa breve pero intensa historia foi a organización durante varios anos dun conxunto de probas patrocinadas pola Deputación de A Coruña e que se englobaban dentro da chamada “Challenge Deputación de A Coruña” para categoría afeccionados (hoxe elite e sub-23), tanto de BTT (na zona de Monte Neme) como de estrada, percorrendo concellos de Bergantiños.

Organizou igualmente excursións en bicicleta comprendidas dentro da actividade “Coñece o teu Concello” que visitou prácticamente todo o Concello de Carballo, amosando lugares descoñecidos para a gran mayoría, así como a organización, en solitario primeiro e en colaboración despois, dos distintos “Días de la bicicleta”.

De toda a actividade organizativa destaca principalmente, pola súa complexidade, a responsabilidade dun campeonato galego contra o reloxio individual para a máxima categoría (elite e sub-23).

 manzaned

Ano 1.996. Cabeza de Manzaneda. Concentración invernal do equipo de xuvenís.

Como entidade viva e en contínuo desenrolo pasou ao longo da súa traxectoria por diferentes estadíos. Partindo con só a ilusión duns poucos foi medrando paseniñamente, percorrendo colexios e parroquias levando a súa afección polo ciclismo, ata chegar a acadar un recoñecido prestixio en toda Galicia, como entidade organizativa e participativa. Todo este traballo e recoñecemento levou a que membros da súa xunta directiva chegasen a figurar en postos de máxima responsabilidade federativa, tanto a nivel galego coma nacional.

lagos

Ano 1.995. “VII Clásica Lagos de Covadonga”

conoce

Ano 1.993. “Coñece o teu Concello”. Pazo de Vilardefrancos

Todos estes logros, importantes e conseguidos con moito traballo e imaxinación, sacándolle tempo ao descanso e á familia, non se huoberan podido realizar se non se huobese contado coa colaboración de moitas personas e entidades públicas e privadas, entre as que destaca o Concello de Carballo, a través da súa Concellalía de Deportes, o Padroado Deportivo, a Policía Local, Protección Civil, a Brigada de Obras e, sobre todo, se non tivese contado co patrocinio de dúas empresas carballesas: “Desguaces Lema, SL” que alentou a ilusión nos difíciles primeiros anos e “Plásticos de Carballo, SA – PLACASA” que deu o empurrón definitivo para o despegue.

pplacasa

Ano 1.994. Presentación do Club nas antigas instalacións de PLACASA.

No ano 2.001 os integrantes da xunta directiva pensaron que chegara o momento de dar o relevo a nuevos membros, con novas ideas, novos proxectos e, sobre todo, con entusiasmo renovado, para seguir impulsando o ciclismo carballés, pasando a testemuña a novas mans e afastándose a un lado do camiño. A pesar dos seus esfuerzos o Club foi languidecendo ata chegar ao punto da súa casi desaparición.

Agora, pasados sete anos, todos os expresidentes do Club Ciclista Carballo – PLACASA, xunto coa maior parte dos que en algún momento foron membros da súa xunta directiva, acompañados por excompoñentes das escolas xa medrados, deciden voltar e loitar para recuperar a actividade, tanto deportiva como organizativa, motivo polo que se empeza esta nova andaina celebrando unha competición destiñada á máis alta categoría do ciclismo afeccionado, o “I Premio PLACASA Vila de Carballo – San Xoán 2007”, celebrada o día 7 de xullo de 2007, con gran éxito participativo e organizativo, como así foi recoñecido pola Federación Galega de Ciclismo, equipos participantes e medios de comunicación, tentando que ésta sirva de espertador, escaparate e chamada de atención a toda a sociedade carballesa, bergantiñán e zonas limítrofes para, a partir de ahí, contar de novo cunhas “Escolas de Ciclismo” que sexan viveiro de futuros ciclistas e percorrer novamente os circuítos e estradas de toda Galicia dnde, a pesar do tiempo transcurrido, todavía se garda unja grata lembranza da vila de Carballo e do Club Ciclista que a representa.