XIII Marcha Cicloturista a Bergantiños 2020

O próximo día 15 de marzo 2020 o Club Ciclista Carballo, en colaboración co Concello de Carballo e contando coa aprobación da Federación Galega de Ciclismo, organiza a marcha cicloturista de estrada denominada “XIII Marcha Cicloturista a Bergantiños”. Esta marcha será de velocidade controlada, e a  participación está aberta a todos os deportistas maiores de 15 anos en posesión de licencia federativa, ben sexa esta anual ou de un día.

Os deportistas con licencia de un so día e menores de idade deberán acompañar ó boletín de inscrición unha autorización asinada polo seu pai, nai ou titor legal para poder participar.

A XIII Marcha Cicloturista a Bergantiños comezará ás 10:00 horas do 15 de Marzo de 2020 saíndo do Pavillón Vila de Noia, onde estará ubicada a Oficina Permanente. A organización porá á disposición dos participantes servizos e duchas (no propio pavillón) así como aparcamento para os seus vehículos na rúa Vila de Corcubión.

O prazo de inscrición comeza o día 01/02/2020 e remata o 08/03/2020.

As inscricións faranse na páxina www.championchipnorte.com.

Importe de inscripción: 12€ para federados / 22€ para non federados.

Descárgate o Regulamento Particular da marcha

Descárgate o Regulamento de Carrera da Federación Galega de Ciclismo

Descárgate o Rutómetro da marcha

 

PERFIL DA MARCHA:

PLANO:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

AlphaOmega Captcha Classica  –  Enter Security Code