II Marcha Ruta das Fervedas

cartel_2012

Como xa é habitual, rematamos a tempada cunha nova Marcha Cicloturista BTT.

Será o 11 de novembro e partiremos ás 09:00 horas para chegar sobre as 14:00 horas visitando as férvedas de Rus e de Entrecruces.

Na sección “Probas” correspondente ao ano 2012 ou premendo na imaxe do cartel atoparedes ampla información así como os xeitos de facer a inscrición.

Haberá servicio de duchas, vestiarios, aparcamento reservado para coches, lavadeiro de bicicletas, avituallamento durante a marcha e uns pinchos ó finalizar para repor forzas, que falta fará xa que a marcha é dunha dificultade media-alta.

Contamos coa vosa presencia e poder formar un grande pelotón

Vémonos!