Resumen mes de Xuño

IMG_7810

Pois teño o Blog un pouco abandonado, pero cóntovos (resumido) o que estivemos facendo nas últimas semanas.

O 25 de maio foi a carreira de Carballo, saiu todo bastante ben, destacando a cuarta praza de Cristian Blanco en junior.
Dende aquela, xa corremos en Dumbria, carreirón dos cadetes; en Viveiro, gran carreira de Alex Rodríguez e Soraya; e corremos tamén o Campionato Galego contrarreloxo, onde destacou novamente Maria Verdía, sumando o terceiro podio consecutivo en Campionatos CRI, nesta ocasión bronce. Noraboa Verdia.
E mentres Maria gañaba una nova medaia, os juniors estiveron en Asturias, Cristian rematou 29º en Candás, e non rematou en Gijón, onde só lle faltou caer, porque lle pasou de todo na bicicleta. Hai días que e mellor quedar na casa…, e senón que llo digan ó outro Cristian que na crono tamén tivo o dia. Debe ser cousa do nome.
Esta fin de semana Padrón para as escolas e cadetes e Tríptico do Albariño para juniors. A ver que pasa, sexa o que sexa o domingo á noite cachela e festa, que non todo vai ser pedalear. Lume!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

AlphaOmega Captcha Classica  –  Enter Security Code