Primeira carreira en Galicia e primeiro podio para o CC Carballo Placasa. O junior Cristian Blanco rematou terceiro na carreira desputada o pasado sábado no Rosal, Pontevedra. A carreira constou de 25 voltas a un esixente circuito urbán, que se endureciu aínda máis co forte vento que sopraba. En cadetes, Cristian Bermúdez foi 16º e Alex Rodriguez 21º. En infantís Eloy Ferreiro rematou na decimocuarta praza e Martin Soutullo 49. En canto ós alevins, Alejandro Romero só puido ser 19º e Hector Pérez 26º.
O vindeiro sábado dobre cita para os integrantes do CC Carballo, o sábado pola mañá os junior desputan o Trofeo San Isidro en Rois, mentres que pola tarde alevins, infantís e cadetes se desprazarán a Boiro.
Por outra banda o domingo 5 continuan as rutas Coñece o teu concello,coa celebración da terceira ruta deste ano, que nos levará a visitar a Férveda de Ramil e as parroquias de Ardaña e Rus.