O sábado 20 estivemos en Mareo, Asturias, no Trofeo Juan Manuel Fernández, uns 94 kilómetros marcados polo vento e a fuga de dous corredores do Bathco dende o inicio. Cristian rematou 12º, imos mellorando, Kevin non rematou ó perder contacto co grupo na parte final do porto e Alex e Joel creo que non se enteraron de que estaban en carreira, porque o ritmo era de quecemento. Hai moito que traballar.
Por outra banda o domingo saimos a facer a segunda das rutas Coñece o teu concello, por terras de Artes, Sofán, Berdillo e Bértoa. A seguinte o vindeiro día 5 de maio, a ver se se anima máis xente.
E este sábado 27 comezamos a temporada en Galicia, concretamente no Rosal, corren escolas, cadetes e junior. Faráno ben?
Verémolo