Inicio

Trofeo Concello de Carballo 2012

Este ano a tradicional proba de Carballo cambia de nome, de data, de lugar de saída e chegada e engade categoría.

Pasa a denominarse, como vedes na cabeceira, “Trofeo Concello de Carballo”, disputarase o sábado 26 de maio, a “movida” será na Praza do Concello e teremos, ademáis das categorías Principiantes, Cadetes e Féminas tradicionais, a de Junijor.

Read more…

II Marcha Ruta das Fervedas

Como xa é habitual, rematamos a tempada cunha nova Marcha Cicloturista BTT.

Será o 11 de novembro e partiremos ás 09:00 horas para chegar sobre as 14:00 horas visitando as férvedas de Rus e de Entrecruces.

Na sección “Probas” correspondente ao ano 2012 ou premendo na imaxe do cartel atoparedes ampla información así como os xeitos de facer a inscrición.

Haberá servicio de duchas, vestiarios, aparcamento reservado para coches, lavadeiro

Read more…

Remate do prazo de inscrición para a “Ruta das férvedas”

Hoxe, ás 24:00 horas, remata o prazo ordinario de inscrición para a Marcha Cicloturista de BTT “Ruta das Férvedas”

Os posuidores de licencia ciclista poderán inscribirse de xeito extraordinario o mesmo día da marcha, en horario de 07:30 a 08:30 horas, cun recargo de 5 € co que o custe total será de 17 €.

A relación provisoria de inscritos podédela ollar premendo aquí.

Ata o domingo.

Vémonos!