Actividades

O Club Ciclista Carballo, en colaboración co Concello, organiza todos os anos as seguintes actividades.

  • Trofeo Concello de Carballo
    carreira-cilcista-2013-carballo
  • Coñece o teu Concello
    conececoncello2013
    Ditas saídas faránse ó longo dunhas rutas previamente deseñadas, pensadas para que as poidan realizar persoas con distinta preparación física, en compañía de familia e amigos. Estas rutas non só promoveran o uso da bicicleta como medio de transporte, senón que tratarán de dar a coñecer o patrimonio natural, histórico ou artístico do Concello de Carballo. Por iso no momento de deseñalas teránse en conta aquelas zonas do concello con algún valor paisaxístico ou histórico.
    As saídas previstas caracterízanse por ter unha duración aproximada de unha hora e media, non superando as dúas horas. Unhas serán por estradas, mentres que outras discurrirán por pistas sen asfaltar, camiños, etc. Calquera das rutas nacen con vocación de permanencia, para que se poidan realizar non só nas saídas programadas, senón en calquera outro momento. As saídas están abertas a rapaces e rapazas maiores de 10 anos e adultos. Poden realizarse con bicicletas de calquera tipo (agás a Ruta 3, para a que se aconsella bicicleta btt), e dende o Club Ciclista aconsellamos que se fagan con casco e cumprindo todas as normas de Tráfico. Aconséllase asimesmo usar roupa de abrigo se o día non é soleado, levar auga e accesorios para reparar un pinchazo (cámara e bombin).
  • Ruta das Férvedas
    Marcha cicloturista.
    cartel_2012